Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

134. Agardando a vez para mandar: as "presidencias de quenda"

 

Desde que comezou este ano 2010 unha das noticias recorrentes nos medios de comunicación foi o comezo da Presidencia española da Unión Europea, algo que -como veremos- tamén nos vai interesar desde o punto de vista terminolóxico.

Durante o primeiro semestre deste ano o Estado español vai ocupar a Presidencia do Consello da Unión Europea, logo de que Suecia o fixese no segundo semestre de 2009, e antes de pasarlle o testemuño a Bélxica cando remate o mes de xuño. Este cargo outórgalle a quen o ocupa a responsabilidade de organizar e dirixir durante ese período os traballos desa institución, establecendo prioridades, fixando as ordes do día e dirixindo os debates das reunións do Consello e dos seus órganos subsidiarios.

Como acabamos de apuntar, trátase dun tipo de presidencia peculiar, pois nela vanse alternando en función dunha orde establecida todos os membros (neste caso, os estados) da institución. En castelán, os medios de comunicación adoitan designalas como presidencia de turno, expresión que se está copiando literalmente para trasladala ao galego como presidencia de quenda.

E aquí chegamos por fin ao problema terminolóxico: esta expresión fai renxer as estruturas do galego pois de quenda non se usa entre nós como locución adxectiva -o que si ocorre co castelán de turno. De feito, no Dicionario castelán-galego da RAG recoméndase de servizo como equivalente galego desa expresión, aínda que o exemplo que acompaña a entrada (O médico que estaba de servizo aconselloulle que acudise a un especialista) revela que o concepto que está detras desta denominación é un distinto do que aquí nos ocupa.

Se as principais linguas oficiais da UE empregasen unha denominación paralela ao presidencia de turno, poderíase xustificar a necesidade de 'forzar as costuras' do galego para integrarse nesa corrente. Pero a realidade vai no sentido contrario: eses idiomas optan por formas como présidence tournante (francés), rotating presidency (inglés) ou presidência rotativa (portugués) que permiten recomendarmos en galego expresións vivas como presidencia rotatoria ou presidencia rotativa que encaixan moito mellor nas estruturas da lingua e que se insiren nesa mesma liña; unha liña que tamén se pode documentar en castelán (presidencia rotatoria).

Despois de todo o apuntado, pensamos que en galego debemos evitar o emprego da expresión presidencia de quenda, e optar por calquera das dúas alternativas apuntadas: presidencia rotatoria ou presidencia rotativa.

 

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Mércores, 13 de xaneiro de 2010