Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Boa parte da maquinaria que se emprega nas obras públicas conta con nomes ben asentados en galego. Retroescavadoras, motoniveladoras, formigoneirasbulldózers e outro equipamento industrial aparecen citados con profusión en dicionarios, documentos legais e técnicos. Así e todo, a forma de referirse a outras máquinas aínda segue espertando dúbidas e provocando consultas en relación ao nome máis apropiado para elas. Nun deses casos dubidosos imos fixarnos hoxe.

En castelán coñécese como zanjadora (ou trincheradora) unha máquina como a que se pode ver na imaxe, empregada para abrir gabias continuas de tamaños diversos en espazos abertos, grazas a unha cinta semellante a unha eiruga que vai arrincando a terra e aliñando o fondo e os laterais do foxo.

abregabias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non nos parece que ningún deses dous modelos poida aproveitarse para construír a denominación galega. Por un lado, tanto zanja, como a súa versión agalegada (zanxa) son desaconselladas pola Real Academia Galega, que propón empregar no seu canto gabia; polo outro, aínda que trincheira si se considera un nome correcto en galego, en realidade designa un tipo de foxos diferentes, basicamente de maior anchura.

Por ese motivo, temos que observar por qué opcións se optou nas linguas veciñas para referirse a esta máquina, pois algunha delas pode servirnos de modelo para o caso galego:

PT: abre-valas; escavadora de valas; valadora

EN: ditcher; ditchdigger; trencher

FR: trancheuse

Como vemos, todas elas parten do substantivo que designa en cada lingua o foxo que abre a máquina, e a partir del constrúese unha nova palabra, ben a través dun sufixo (valadora, ditcher, trencher, trancheuse...), ben formando un composto (abre-valas, ditchdigger...).

Calquera deses dous procedementos podería aplicarse no caso galego: o primeiro levaríanos a unha forma como gabiadora (partindo de gabia e de gabiar), e por medio do segundo construiriamos un substantivo como abregabias, seguindo un modelo tamén empregado na designación doutras ferramentas e máquinas (abrebocas, abrecartas, abrelatas...).

Calquera delas -ou aínda unha máis descritiva como escavadora de gabias- é preferible a calcar o nome castelán, xa que os resultados desta práctica (*zanxadoraou *trincheiradora) son inadecuados desde o punto de vista lingüístico ou desde o conceptual.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Venres, 29 de xaneiro de 2010