Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

133. Novos títulos para novos estudos: maior e minor

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior no sistema universitario español non só está provocando grandes cambios na estrutura e na organización dos plans de estudos ou na práctica docente, senón que tamén está popularizando entre nós toda  unha serie de termos relacionados con eles (grao, posgrao, máster...).

Hoxe queremos centrarnos en dous menos coñecidos que -se cadra por iso- provocan certas dúbidas á hora de escribilos. Referímonos a maior e a minor: dous tipos de agrupación de créditos que poden organizarse dentro dos estudos de grao, e que lle permiten ao alumnado planificar estratexicamente a súa traxectoria curricular, obtendo -e acreditando, a través do Suplemento Europeo ao Título- formación e competencias sobre dúas áreas distintas: unha sobre o obxecto nuclear da titulación que cursa, de nivel máis avanzado (o maior), e outra centrada nunha área complementaria da anterior, que se trata cun nivel menor de especialización (o minor).

Ambas as dúas denominacións importáronse para o ámbito europeo desde o sistema universitario estadounidense (major / minor), quen pola súa parte reaproveitou os nomes do latín. Despois desa viaxe de ida e volta, hoxe en día úsanse con normalidade en varias linguas europeas. Posiblemente sexa esa historia tan viaxeira a que explique algunhas das súas particularidades formais:

  • Tanto unha como outra pronúncianse como palabras graves (as vogais tónicas son -a- e -i- respectivamente), igual ca en inglés ou no latín orixinal.
  • A pesar de seren palabras graves rematadas en -r non se marcan con til as súas vogais tónicas. Debemos ter en conta que a normativa ortográfica do galego limita a acentuación dos estranxeirismos aos casos en que estes son "de circulación corrente". E na nosa opinión, maior e minor con cumpren ese requisito, tanto pola súa recente incorporación á lingua como por empregarse nun ámbito especializado moi restrinxido.
  • Xa que logo, para marcar o seu carácter de denominacións doutra lingua aínda sen adaptar ás pautas do galego, sería aconsellable grafalas con cursiva.
Como resumo de todo o que acabamos de apuntar dedúcese que a forma máis acaída de grafar esas dúas palabras sería maior e minor. A medida que o seu emprego se vaia xeneralizando (e se vaia acadando a "circulación corrente" de que fala a normativa, probablemente vaiamos atopando cada vez máis as súas variantes con til (máior e mínor) -daquela xa sen cursiva-, igual que na actualidade escribimos ídem, ítem, máster ou súmmum, por citar algúns exemplos.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 18 de decembro de 2009