Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

132. Trialogando entre tres

Os distintos protocolos de funcionamento da Unión Europea e das institucións que forman parte dela acaban incorporando no noso vocabulario político-administrativo toda unha serie de termos (gobernanza, codecisión, directiva...). Hoxe queremos valorar se cabe incorporar a esa serie un máis: o triálogo.

 

Esta palabra designa un procedemento específico de negociación en que participan o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea buscando chegar a consensos en determinados procesos de codecisión e concertación que involucran a esas institucións. Trátase dun anglicismo (trialogue) que esa lingua importou do latín medieval (trialogus), e que a través do inglés está sendo reintroducido no resto das linguas europeas.

Este proceso de incorporación de latinismos con mediación do inglés é bastante habitual no galego moderno (pensemos en máster), pero este caso ten aspectos que o fan particular. En realidade incorpora desde a súa orixe latina un erro de análise que o invalida desde un punto de vista lingüístico: ese trialogus constrúese sobre o modelo de dialogus, pero interpretando a existencia dun prefixo dia- significaría 'dous', cando o seu sentido real é 'a través de'. É esa interpretación a que explica a utilización dun suposto prefixo tria- (na realidade inexistente) que significaría 'tres'.

Se temos en conta que o prefixo que significa 'tres' é tri- a forma que cabería recomendar é trílogo (que vén sendo tamén a máis habitual en portugués), que se constrúe ademais en paralelo a monólogo.

Pero existe tamén outra posibilidade que permite evitar a creación neolóxica: aproveitar expresións xa existentes construídas a partir de diálogo -non se esqueza que esta palabra designa calquera conversa con independencia do número de persoas ou entidades que participen nela- e que describen situacións de negociación moi semellantes entre outras entidades ou colectivos (por exemplo diálogo a tres bandas ou diálogo tripartito) e estender levemente o seu significado.

 

Resumindo: pensamos que debe evitarse o uso de *triálogo, e que no seu canto cabe optar por formas galegas como diálogo a tres bandas ou diálogo tripartito, ou en último caso, polo neoloxismo trílogo, máis respectuoso co significado dos seus compoñentes na lingua galega.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 27 de novembro de 2009