Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

 

A palabra elasticidade non só designa un concepto do ámbito da física, senón que tamén se manexa no mundo da economía, co significado de 'coeficiente resultante do cambio proporcional detectado nunha variable económica con respecto ao detectado noutra". Hoxe queremos fixarnos no nome que se lles dá en galego a algús subtipos de elasticidade.
 
Basicamente, distínguense dous: a elasticidade da demanda -ou da procura-, definida como a medida da sensibilidade da cantidade demandada a unha serie de elementos que a determinan, e a elasticidade da oferta (medida da sensibilidade da cantidade ofertada a eses mesmos determinantes). As denominacións empregadas en galego coinciden case literalmente coas das linguas veciñas (1,) pero as nosas dúbidas xorden ao ver algunhas formas que se constrúen a partir destas.
 
Referímonos a casos como elasticidade prezo, elasticidade renda ou elasticidade prezo cruzada, aplicados tanto á demanda como á oferta, que nin encaixan ben nos padróns sintácticos da lingua galega nin son transparentes á hora de describir as características básicas dos conceptos que nomean.
 
Así, resulta estraña esa unión de dous substantivos sen elementos de conexión entre eles e sen que ningún dos dous funcione como un adxectivo; pero ademais, o significado que se pretende transmitir (o 'grao en que a cantidade demandada ou ofertada dun ben responde a unha variación do seu prezo, da renda dos consumidores, ou do prezo doutro produto', respectivamente) queda escurecido pola forma elixida para vehiculalo.
 
Calquera delas parece ser só unha translación case automática dos nomes ingleses (2) (price elasticity of demand/of supply; income elasticity of demand/of supply; cross price elasticity of demand/of supply) que esquece que o primeiro elemento (price, income, cross price) actúa sobre o concepto previo elasticity of demand/elasticity of supply, e non só sobre unha das súas partes.
 
Por iso, lingüisticamente serían moito máis acaídas denominacións en que se reflectise claramente que os factores condicionantes sono dun termo xa consolidado (elasticidade da oferta ou elasticidade da demanda), o que faría que fosen tamén moito máis descritivas á hora de amosar as características básicas do concepto que nomean. Pensamos en alternativas como:
 
- elasticidade da oferta/demanda segundo o prezo (ou en función do prezo)
- elasticidade da oferta/demanda segundo a renda (ou en función da renda
- elasticidade da oferta/demanda cruzada (ou cruzada segundo o prezo)
 
Ou aínda formas como elasticidade demanda-prezo (ou demanda-renda) ou elasticidade oferta-prezo (ou oferta-renda) que, con formas máis sintéticas, poñen de manifesto a relación condicionante que existe entre os dous elementos que determinan a existencia ou inexistencia de elasticidade.
----------------------------------
 
[1] Así, podemos atopar para o primeiro, elasticity of demand (EN), elasticidad de la demanda (ES), élasticité de la demande (FR) ou elasticidade da procura (PT); e para o segundo elasticity of supply (EN), elasticidad de la oferta (ES), elasticité de l'offre (FR) ou elasticidade da oferta (PT).
 
[2] Algo que -por outra parte- tamén fan outras linguas: elasticidad precio de la demanda, elasticidade preço da procura, élasticité prix de la demande...
 

 

Venres, 16 de outubro de 2009