Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

 

Durante esta fin de semana, os medios de comunicación volveron traer ao primeiro plano unha especie vexetal que hai tres anos xa acadara unha efémera e lamentable relevancia por mor da destrución dunha das súas maiores poboacións en Galicia.
 
UIP131
 
Referímonos á Erodium maritimum, unha especie que no Estado español só se conserva en puntos concretos da costa galega (especialmente en Santo Andrés de Teixido e, polo que se vén de descubrir, en Sálvora) e na illa balear de Sa Dragonera. Vista esta distribución, non pode estrañar que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno do Estado a cataloguen como "en perigo de extinción".
 
Ao tratarse dunha especie moi pouco frecuente, non se lle coñecen nomes populares en ningunha das linguas da Península. Por iso, acábase recorrendo ao nome científico ou ao nome común que se lle aplica a todas as especies do seu mesmo xénero. No caso galego, estas formas son herba agulla, herba agulleira ou agulleira.
 
Pero facendo iso, estamos empregando un mesmo nome para diversas especies de Erodium, para moitas de Geranium e aínda para a Scandix pecten veneris. O resultado vai ser unha ambigüidade que deberiamos evitar.
 
Posiblemente, a mellor forma de facelo sexa intentar asentar para o Erodium maritimum unha denominación galega, coherente cos padróns desta lingua, coas características da especie e cos exemplos que poidamos atopar noutros idiomas.
 
 
 
Por iso propoñemos o emprego de agulleira mariña ou herba agulla mariña xa que:
  • conserva a característica identificadora da especie no seu nome taxonómico (Erodium maritimum)
 

 

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 10 de novembro de 2009