Axenda

 

 

Ruxerruxe

Concurso musical "Cantalingua" (Correlingua , sábado, 10 de abril de 2010)

Ata o 10 de abril se poden presentar os grupos ou solistas de calquera estilo musical cunha canción en galego ao concurso "Cantalingua." Os gañadores serán elixidos con votación popular vía Internet mais un xurado do mundo da música. O premio: actuar nos 11 concertos do Correlingua 2010, remunerados con cadanseus 700 euros.


II ETSE Open de SL-Fiadeiro de software libre ((proximamente) , luns, 15 de marzo de 2010 ao martes, 30 de marzo de 2010)

Do 15 ao 30 de marzo será o prazo de matrícula da segunda edición do ETSE Open de SL-Fiadeiro de software libre. Formación e participación na localización para o galego dunha aplicación libre son os eixos desta actividade que organiza a CNL da ETSE. Hase desenvolver os días 15, 22 e 30 de abril na ETSE.

Estase tramitando o seu recoñecemento en créditos tanto para titulacións de grao como para as restantes.


Entrega de Premios en CC. Educación (Fac. CC. da Educación , martes, 09 de marzo de 2010)

Co gallo do padroeiro de Ciencias da Educación, os actos da Facultade inclúen, coma todos os anos, a entrega dos Premios á calidade e á excelencia lingüística do centro correspondentes ao curso 2008-2009.
 


Achegándonos ao medio rural ((proximamente) , luns, 08 de marzo de 2010 ao venres, 26 de marzo de 2010)

Do 8 ao 26 de marzo será o prazo de matrícula das xornadas “Achegándonos ao medio rural”, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria o 9 e o 10 de abril. Esta xeira de conferencias e táboas redondas diríxise a alumnos/as de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior), e ten como obxectivo o achegamento ao medio rural a través de experiencias profesionais innovadoras e cun alto nivel de compromiso coa sustentabilidade ambiental e lingüística.

Estase tramitando 1 crédito de libre configuración para as titulacións de Veterinaria e da EPS.


Cursos de galego para non galegofalantes (Matrícula , martes, 02 de febreiro de 2010 ao luns, 22 de febreiro de 2010)

Do 2 ao 22 de febreiro é o prazo para matricularse nos Cursos de lingua galega para non galegofalantes (niveis A1 e A2), organizados polo Centro de Linguas Modernas. Son cursos de 40 horas, que serven para preparar os exames do Celga 1. Aos estudantes de fóra de Galicia que o acrediten documentalmente computaranlles 3 créditos de libre configuración


Presentación de "55 mentiras sobre a lingua galega" (Presentación simultánea de "55 mentiras sobre a lingua galega" , venres, 05 de febreiro de 2010)

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará simultaneamente o próximo venres  5 de febreiro ás 20:30 h en máis de 60 localidades a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas. Trátase dun argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.


Cursos de preparación dos exames dos CELGA (Cursos para os CELGA 2010 , mércores, 10 de febreiro de 2010)

O 10 de febreiro remata o prazo de inscrición na primeira quenda de cursos (entre marzo e xuño) que serven para os exames dos CELGA. Nesta mesma Resolución atópase información sobre os cursos das distintas quendas, e sobre os seus prazos de inscrición.

 


Xornadas de análise sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (Xornadas de análise da CELRM , luns, 22 de febreiro de 2010)

Expertos europeos na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros nesta xornada de análise que organiza o Consello da Cultura Galega.


Un vigués gaña un concurso da televisión xaponesa cunha canción de Son Goku en galego (Xornal , luns, 11 de xaneiro de 2010)

Amir García, vigués afincado en Xapón, gañou un concurso da televisión xaponesa coñecido como Sanmas san Super Karakuri Terebi, un programa visto por 10 millóns de persoas , un dos concurso máis famosos e populares da televisión nipona. O galego arrincou cantando a canción de Son Goku (As bólas máxicas) en galego.
 


Plan de Normalización de Dereito , venres, 18 de decembro de 2009)

Na Xunta de Facultade de Dereito tratarase o Plan de Normalización de Dereito, que se propón como obxectivo xeral para acadar en tres cursos académicos  aumentar o uso do galego ata o 30% na docencia da titulación básica e principal do centro (licenciatura en Dereito / grao en Dereito), de xeito equilibrado. Isto supón multiplicalo por algo máis de 3 a respecto do índice actual.
Para conseguilo proponse un plan de actuacións dirixido a catro ámbitos (institucional, do PDI, do alumnado, da proxección exterior), que contén 42 medidas artelladas arredor de 8 programas.


VI Premios á calidade lingüística (Premios calidade , venres, 10 de setembro de 2010)

Os VI Premios á calidade e IV Premio á excelencia lingüística teñen o obxectivo de fomentar o uso do galego e o coidado pola calidade formal dos traballos académicos das titulacións de grao, así como das de 1º e 2º ciclo, sexan estes traballos de curso (modalidade a) ou traballos de fin de grao e proxectos fin de carreira (modalidade b). Podes gañar ata 600 euros!


Simposio Internacional "Ecolingua" (Simposio , xoves, 17 de decembro de 2009 ao sábado, 19 de decembro de 2009)

O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) organiza os vindeiros días 17,18 e 19 de decembro en Vigo o I Simposium Internacional Ecolingua 2009. O encontro internacional desenvolverase no Centro Social de Caixanova en Vigo. A coexistencia de linguas, a realidade plurilingüe de Galiza, o papel de cada idioma nun país e as políticas e fórmulas de convivencia lingüística no Estado ou no ámbito internacional serán algunhas das temáticas que abordará o Ecolingua 2009.
Conta coa colaboración do Concello de Vigo, de Caixanova e da Universidade de Vigo. Os alunos da Universidade de Vigo poderán optar a un crédito de libre elección; o prazo de inscrición remata o 16 de decembro e o importe é de 30 euros, 15 euros no caso de estudantes das tres universidades.


VI Premios á calidade lingüística (??? Paragraph[1]/Links[1]/Description ??? , xoves, 01 de xaneiro de 1970 ao venres, 10 de setembro de 2010)

Os VI Premios á calidade e á excelencia lingüística son para estimular o uso da lingua galega e mais a calidade formal dos traballos académicos de curso así como dos traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira deste curso 2009-2010.


Cursos de redacción de traballos académicos e de investigación (Proximamente en Formación , venres, 23 de outubro de 2009)

 

A matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, dirixidos a todo o alumnado da USC, faise a través de Internet entre o 23 de novembro e o 2 de decembro. Os cursos comezan o 9 de decembro.

 


II Xornadas sobre recursos educativos en galego. Educación primaria (Proximamente en Dinamización , venres, 18 de decembro de 2009)

 

O 18 e o 19 de decembro hanse desenvolver estas Xornadas, organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Educación, para concienciar da importancia dos recursos educativos na práctica docente e coñecer os materiais didácticos en galego, desta volta, na educación primaria. O prazo de inscrición remata o 11 de decembro.

 


Educación e linguas en Galicia (Proximamente en Dinamización , venres, 27 de novembro de 2009)

 

O 27 e o 28 de novembro desenvolveranse as Xornadas «Educación e linguas en Galicia», organizadas pola CNL de Ciencias de Educación e o SNL, co obxectivo de analizar e debater sobre o modelo lingüístico máis acaído para o ensino non universitario en Galicia, dende un punto de vista educativo, no marco de discusión actual.

 


VI Xornadas de Lingua e Usos (Xornadas , xoves, 26 de novembro de 2009)

 

Os días 26 e 27 de novembro desenvolveranse no Paraninfo da UdC (A Coruña) as VI Xornadas "Lingua e Usos", organizadas polo SNL da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. Desta volta xirarán sobre a relación entre lingua e xénero. O prazo de inscrición remata o 18 de novembro.